¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





29/4/09
 
 

Esta foto é da Avenida de Esteiro, é un cruzamento perigoso no que hai cruzar por unhas estradas nas que os coches pasan con bastante velocidade e que a metade das veces esquécense de que hai un paso de peóns...os que crearon este acceso tamén esquecéronse de nós e decidiron facer os pasos adaptados, pero só a medias, de tal xeito que cando pensas que estás seguro, che encontras batallando cunha beirarrúa que apenas podes subir, por non dicir que non a podes subir e con coches pitando porque non apuras e eles teñen présa, ou xa directamente non che ven porque xa van mirando para os coches que baixan pola avenida de Esteiro para poder coarse eles a mesma.
 
 
comentarios Publicar un comentario