¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





Presentación Blog (2ª Parte)

30/4/09
 
 

Levamos moitos anos reivindicando os nosos dereitos en tódolos ámbitos, na ACCESIBILIDADE, no TRANSPORTE URBÁN E INTERURBÁN, na VIVENDA, no EMPREGO, na EDUCACIÓN, na FORMACIÓN OCUPACIONAL, no LECER e DEPORTE, na VIDA AUTÓNOMA, nas PENSIÓNS, nos CENTROS RESIDENCIAIS...

A nosa loita pasa por diferentes estadios, dende o principio cando nin permitían asciarse e as nosas conquistas de integración esixían centos de reunións e manifestacións nas rúas, sen ter nin medios económicos nin movilidade, nin apoios; ata hoxe en día en que as Asociacións, a pesar da súa importancia social, traballan de xeito diferente, formando parte do sistema e levando a cabo programas ou accións en convenio ca Administración e desenvolvendo actividades nos seus centros sociáis cas escasas subvencións públicas ou privadas que obtéñen

A nova Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia nas Persoas Maiores, ou mal denominada Lei de Dependencia, como un dous retos máis grandes do Estado de Benestar veu a ofrecernos grandes expectativas para ter unha VIDA INDEPENDENTE cos apoios económicos e persoais; así como os servicios ou centros de atención necesarios.
 
 
comentarios Publicar un comentario