¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





065, EN QUE PODO AXUDARLLE?

29/5/09
 
 

O teléfono de Transporte Adaptado, o 065, está empezando a funcionar, pero non temos moitas noticias del. É certo que se cantaron as súas marabillas alá polo 2007, pero a día de hoxe segue sendo o gran descoñecido. Para intentar paliar esta situación e acabar coa nosa ignorancia infiltrámonos no teléfono que nos deron na Xunta: 902 222 065 e isto é o que nos contaron:

O teléfono está pensado para transportes a médicos, mutualidades, equipamentos sociais (saúde, educación, abasto, deporte), centros ocupacionais e vida social nesta orde de prioridades. Para dispor dos servizos do Transporte Adaptado hai que presentar unha solicitude na Delegación da Consellería de Igualdade e Benestar Social cuxo modelo de impreso aparece no Decreto 195/2007 de 13 de setembro

http://www.seg-social.es/imserso/normativas/depccaa/gad1952007dep.pdf A solicitude pode ser presentada ou enviada por correo na:
Delegación da Consellería de Igualdade e Benestar Social
Av. do Exército, 2
15006 A Coruña.
Tlf.- 981 185 771.
Xunto á solicitude presentaranse os seguintes documentos:
-Copia do DNI
-Certificado de Empadroamento.
-Certificado de Minusvalía
65% ou Certificado de Dependencia.
-Informe dos Servizos Sociais do Concello conforme o solicitante non pode usar os transportes públicos.
-Copia da Declaración do Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Unha vez que se obteña resposta debemos dirixirnos ao citado 902 222 065 para entrar nas listas e atenderannos por rigorosa orde de prioridade.

Alguén o probou? Gustaríanos coñecer as vosas experiencias...

Creado por Olga

 
 
comentarios Publicar un comentario