¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





DENUNCIAS ANTE O PLAN E NOS CONCELLOS DA COMARCA

17/7/09
 
 


Estamos enviando cartas a todos os concellos nos que temos asociados para recordar aos alcaldes que o Plan E debe respectar as normas de accesibilidade. Se es lector noso e queres colaborar, cedémosche de mil amores o dereitos intelectuais da carta, só tes que copiar, pegar e enviar un correo ao teu alcalde, seguro que cho agradece. Pola nosa banda, enviámolos aos seguintes concellos: A Capela, Ares, As Pontes, As Somozas, Cariño, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Pontedeume e esperamos que a semana que vén podamos envialos a Valdoviño, Ortigueira, Cabanas, San Sadurniño, Moeche, Monfero e Mañón. Aquí vos vai a carta:


A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas con CIF G15049919 e situada en C/ Colón Esq Mendizábal, Bloque 4, Pta. 5, Baixos 38-39, con C.P. 15403 de Ferrol, diríxese ao Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de **** para

EXPOR:

Que en todas as obras acometidas do Plan E neste concello debe garantirse o cumprimento en cuestión de accesibilidade das seguintes normativas:


Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (LIONDAU)

Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, feita en Nova York o 13 de decembro de 2006.


De conformidade coa normativa, as obras deben ser accesibles e cumprir os parámetros de accesibilidade, que para as obras novas e aquelas de reforma que o permitan deben cumprir os requisitos fixados para un nivel de accesibilidade denominado “accesible”. Para aquelas obras de reforma en que non poidan cumprirse os parámetros do nivel accesible a normativa establece uns parámetros para o que denomina un nivel “practicable”, que con carácter mínimo e obrigatorio deben cumprir todos os proxectos de obras a partir da entrada en vigor das normas vixentes. Por todo iso vémonos obrigados a


ESIXIR:

Que en arranxos de rúas, parques, prazas, viarias e colexios así como monumentos se cumpra a normativa respecto da accesibilidade (http://msierrahoyos.googlepages.com/MANUAL-VADOS-Y-PASOS-PEATONALES1.pdf). As beirarrúas deben levar ramplas con cota cero, isto é, beirarrúas que cheguen a niveis de chan sen deixar ningún bordo e que a pendente da rampla non exceda o máximo recollido pola lei (comprobamos que nalgunhas obras que xa se están executando isto non se cumpre). En acondicionamento de locais deben atenderse os criterios de accesibilidade facendo que todos os locais poidan ser usados cos usuarios con diversidade funcional: aseos adaptados, ascensores para comunicar as distintas plantas, portas con medidas mínimas de acceso, aparcadoiros reservados ás persoas con discapacidade, mobiliario urbano accesible, espazos reservados para ser ocupados polas persoas con discapacidade (en aulas, salas de reunións, locais de espectáculos ou outros análogos).

Esperando que sexan atendidos todos os puntos aquí sinalados, deixámoslle a efectos de notificación a dirección da nosa Asociación que figura ao principio do escrito, así como o noso correo electrónico diversidadefuncionalferrol@hotmail.com

Saúdalle atentamente


Mª Consolación Morado Martínez


Ferrol, 15 de Xullo de 2009.


P.D.- Pasamos copia desta carta ao Foro de Vida Independente e ao Foro de Postpolio. Tamén a publicaremos no noso blog http://rachandobarreiras.blogspot.com/ para información dos nosos socios.

ILMO. Sr. ALCALDE DO CONCELLO DE ****

 
 
comentarios Publicar un comentario