Desde aquí queremos que todas esas comunidades de veciños saiban que segundo unha Sentenza do Tribunal Supremo "todos os propietarios deben contribuír sen exclusións aos gastos, e segundo a súa cota de participación " da instalación dos ascensores.

Á súa vez, outra sentenza do Tribunal Supremo di que "os propietarios dun inmoble (baixo ou lonxa)están obrigados a soportar as servidumes imprescindibles para facilitar as obras de accesibilidade e de eliminación de barreiras arquitectónicas necesarias", como sería o caso da instalación dun ascensor.
Desde agora terano un pouco máis fácil para levar a cabo unha instalación tan importante como é o ascensor nos edificios, pois aínda que todos non somos persoas con diversidade funcional, o que si é certo, é que todos imos envellecendo, co cal, tarde ou cedo, necesitaremos usar o ascensor.
Deixámosvos os enláces aquí para que podais lelo .
Página 1
Pagina 2
Creado por Begoña
comentarios Publicar un comentario
Publicar un comentario