¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

2/12/09
 
 
Mañá día 3 de Decembro celébrase o día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

As 12:00 horas da mañá levarase a cabo unha Marcha que irá dende o Cantón de Molíns, rúa Manuel de Cal, Carmen, Real ata o Concello e despois, de volta ao Cantón, irá pola rúa Dolores, Real, Tierra e finalmente Cantón de Molíns.

No Cantón de Molíns, o Concello instalará unha carpa na que estarán reunidas todas as Asociacións e Entidades relacionadas coa Diversidade Funcional en Ferrol.

A Asociación Grupo Diversidade Ferrol e Comarcas participará neste día acudindo á Marcha así como pondo un posto na devandita carpa.

No noso posto encontrardes información sobre:

- Información sobre a nosa asociación

- Información legal sobre xustiza gratuíta, a Convención da Onu, transporte adaptado, accesibilidade. etc

Desde aquí animamos a todo o mundo a participar nos actos deste día, para reivindicar os nosos dereitos e facernos visibles ante a sociedade.
 
 
comentarios Publicar un comentario