¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





Trofeo Cidade de Ferrol . Halterofilia Adaptada

1/3/10
 
 
Como supoño que algúns xa sabedes, o pasado sábado 20 de Febreiro, celebrouse o II Trofeo "Cidade de Ferrol" de Halterofilia Adaptada, puntuable para o Campionato Nacional. A noite anterior, a do venres día 19 celebrouse, como xa fai anos (18 facía este ano), a Gala Do Deporte Ferrolán, que concedeulle unha mención ao noso deportista Luis Pita, polos seus esforzos e logros neste minoritario deporte, demostrando a súa valía.
O noso campión, demostrou, novamente o que é, un campión e para amosádevolo vou colgar unhas cantas fotos do dito evento, no que ides poder apreciar a calidade dos participantes.

É de agradecer a desinteresada colaboración de dous deportistas de élite, neste deporte, que se prestaron a facer unha pequena exhibición da súa valía, así coma a botar unha man en canto á organización.





 
 
comentarios Publicar un comentario