¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





O CONCELLO É DE TODOS E PARA TODOS E TODAS

24/6/10
 
 
O Valedor do Pobo danos a razón de que a Porta de atrás do Concello ten que estar aberta para todo o mundo e non pechada, apta só para persoas con movilidade reducida, ou polo menos que ao garda lle pareza que teñen movilidade reducida.
Tras enviar varios escritos ao concello, dos que non tivemos contestación, enviamos ao Valedor a nosa queixa de que se nos discrimina a entrar pola porta traseira do edificio do Concello, pero atopamos unha pequena barreira pois está pechada e só pode ser aberta polo garda de seguridade que é quen decide se a persoa ten ou non a posibilidade de pasar... Se te moves en cadeira de rodas é evidente para él a movilidade reducida, pero se non a levas o non levas un bastón, tes que facer por subir as escadas da Porta Principal...E se non podes, quedas sen poder entrar no edificio do Concello...E isto é grazas as novas normas do concello...Un edificio que ata fai pouco era público, converteuse en algo exclusivo para quen poida subir as escadas ou demostre que ten movilidade reducida.
¿Temos que levar unha identificación na frente? ¿Acaso non é discriminación ter unha entrada só para persoas con movilidade reducida?
Queremos entrar por unha porta ou entrada para todas as persoas, sen excluir a ninguén.
Agora do Concello din que van facer unha pasarela, ¿e mentres non está lista? ¿seguen facendo segregación? ¿Vannos facer un carné? ¿Poñeránnos unha identificación na frente, que sexa ben visible??
Segundo dí o Valedor do Pobo, temos dereito a entrar por unha mesma porta; e o Concello ten que facelo efectivo...¿Será verdade que somos iguais en dereitos?
 
 
comentarios: 1 Publicar un comentario
Anónimo :

28/6/10

toda a vida igual, levamos mais de trinta loitando polos nosos dereitos e seguen a pisalos en todas partes, ainda que se dicten leis, normativas e demáis entes xurídicos. toda a vida igual, repito, ninguén cumple e nós aínda non temos a suficiente cultura de reclamación que nos faría falta.