¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





Presentación Blog (3ª Parte)

30/4/09
 
 

Doutra banda o Estado ratificou a CONVENCIÓN sobre os DEREITOS das PERSOAS con DISCAPACIDADE dentro do marco da ONU, esta Lei obriga os Estados o cumprimento de tódolos seus artígos, e levar adiante políticas de actuación para posibilitar a INTEGRACIÓN das persoas con diversidade funcional.

A realidade é ben distinta, a accesibilidade, as rampas nas beirarúas, nos pasos de peóns, as paradas dos buses, o transporte público adaptado, o taxi adaptado, os establecementos de usos públicos ou privados de uso común, etc.

O transporte público, urbán e interurbán, taxis insuficientes, paradas sen adaptar e deficiente mantenemento das plataformas dos buses.

Cara a Autonomía Persoal dunha persoa con gran dependencia, que precisase un ASISTENTE PERSOAL a lei o contempla soamente no caso de traballar ou estudar, e nós defendemos que a persoa ten dereito a autodeterminación do seu proxeto de vida, tanto se é para estudar ou para resolver os seus asuntos ou asistir a unha Asociación a colaborar. O sistema COPAGO tamén é unha medida que impide conseguir os coidadores informais ou profesionais se as súas rendas exceden a Pensión non contributiva ou G.I.

Hai usuarios ca teñen aprobada cunha contía de 0,01 € e 0,57 € e as súas pensións son de gran invalidez.

Gustaríanos que pasarades polo Local Social da Asociación e faláramos das vosas opinións sobre a nosa problemática e xuntos acadar solucións.

E moi importante que loitemos pola defensa dos nosos intereses.

Quedamos a vosa disposición.
 
 
comentarios: 1 Publicar un comentario

En cuestiones de “derechos” aquí se ratifica lo que haya que ratificar, faltaría mas. Pero, oiga, es que si usted ratifica ésto también tiene el deber de cumplirlo. Claro, claro, en cuanto tenga un momentiño libre me pongo con ello. Disculpe mi insistencia pero, es que las leyes deben cumplirse tenga usted un momentiño o no. Bueno, bueno, tampoco tendrá que ser ahora mismo, comprenderá usted que tengo cosas mucho mas importantes que solucionar, la crisis, el paro, el terrorismo, las próximas elecciones, para qué le voy a contar. Ya, pero es que exigir a unas personas que cumplan con todas sus obligaciones y no garantizar todos sus derechos supone una injusticia flagrante y una vergüenza para el conjunto de la sociedad. No se preocupe, ya le digo que en cuanto tenga un momentiño me pongo con ello.
Y, mientras tanto, las personas con diversidad funcional continúan sus vidas atrapadas en la injusticia ante la mirada indiferente de la sociedad.