¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





E AGORA QUE? SEÑORES BANQUEROS...

19/6/09
 
 

Estos días as persoas con movilidade reducida, están encabuxadas, porque a Caixa Galicia decidiu pechala sucursal da Avenida de Castelao, de Caranza. E onde imos agora para retirar diñeiro? Onde pedimos préstamos nós? Xa está. Vamos a rua Juan de Austria que nos atenderán moi ben, seguro

Ja, pero cando chegamos ali, ¿que atopamos? ¡ESCALEIRAS!
Si, pero neste caso as escaleiras non son mecánicas, non,non. Son fixas. ¿Que facemos agora? Xa está, faremos como en séculos pasados, chamaremos os da oficiña .... ...mediante canóns, señais de fume, mellor paloma mensaxeira.

E cando o da Caixa poda baixar, falaremos das miñas contas, de que necesito axuda económica para soluciónar unha débeda que teño, quero pagar tamén os recibos,... mentres a miña veciña escoita e mira para min, mentras come un anaco de pan. ¡Xenial! Mira para mín e sorri como pensando ¡Pobre, necesita diñeiro!. Ela non ten problema, sube as escaleiras e retira diñeiro do caixeiro,so ten que esperar a cola mentras escoita a nosa conversa.... Pero, para rematala xogada, Ahhhhh¡¡¡ Mollanse os papeis, e collo monumental cabreo mentres o da Caixa non deixa de disculparse.....Teremos que repetir parte do papeleo porque está mollado coa chuvia...

¿que? ¡Vamos a seguir así toda a vida?
O día 27 pechan a sucursal da avenida de Castelao, pero eles ainda non fixeron nada , ainda estarán deliberando se poden adaptala ou porque decidiron pechar a unica sucursal da comarca que era accesible e mentras nós nos preguntamos donde están os "fins sociais" que deben ter as caixas de aforros.

Seguimos a sofrir a discriminación social e ninguen toma as medidas oportunas que contemplan as leis como a LIONDAO ou a Convención da ONU


Post scritum: Requiem polo Banco Pastor de Caranza


Creado por Begoña
 
 
comentarios: 1 Publicar un comentario

Hola quería haceros saber que mi blog
http://ferrolsuso.blogspot.com/
participa en el concurso premios 20 blogs a nivel nacional y esta bien posicionado en su categoria.
Comentaros que el dinero en caso de ser ganado se donará integro a vuestra Asociacion Grupo diversidade funcional de Ferrol.

PODEIS ENTRAR A VOTAR