¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





GRAVIDADE CERO: UNHA APROXIMACIÓN A STEPHEN HAWKING

26/6/09
 
 
Propuxémonos facer honra a persoas con movilidade reducida notables traéndoos ás nosas páxinas e comenzaremos con Stephen Hawking porque nos parece o suficientemente notable e o suficientemente discapacitado como para que nos ocupemos del.

Stephen Hawking naceu en Oxford en 1942. Fillo de Frank e Elizabeth Hawking, ten dúas irmás máis novas, Philippa e Mary, e un irmán adoptivo, Edward. O seu pai era investigador médico e quería que Stephen fose tamén médico, pero el prefería as Matemáticas aínda que ao final optou por estudar Física. Hawking tiña todos os boletos para triunfar, fixo unha carreira brillante en Oxford e desde alí trasladouse a Cambridge para facer unha tese sobre relatividade xeral e cosmoloxía. Tras unha tempada na que cada vez se ía sentindo máis torpe e máis débil decide facerse unhas probas e en 1963 diagnostícanlle Esclerose Lateral Amiotrófica ou enfermidade de Lou Gehrig. Isto non impide que faga unha viaxe a Persia onde contrae un virus que agrava os síntomas da súa enfermidade e deteriora as súas condicións físicas. É enton cando os médicos vaticínanlle que non lle dará tempo a finalizar a súa tese. Así as cousas, Stephen decide gozar ao máximo o que lle queda de vida e deixar aparcados os seus estudos. Pasados os dous anos cruciais nos que debía producirse o fatal desenlace, viuse que a súa enfermidade non evolucionaba tan desfavorablemente como se creu. É entón cando coñece a Jane Wilde que sería o gran amor da súa vida e coa que quere casar, pero para iso necesita conseguir unha economía estable polo que decide seguir adiante co seu doutoramento e contra todo pronóstico, non só se doutora en Cambridge senón que traballa como investigador, como profesor e finalmente accede a Cátedra Lucasiana da mesma Universidade, praza que fora ocupada no seu momento por Isaac Newton.

"Non podes permitirche estar discapacitado en espírito á vez que físicamente" afirma Hawking e quizais aplica esta máxima a toda a súa vida. A máis diso os seus logros profesionais, que son moitos e da súa Teoría do Big Bang, coñecida por todos, Hawking non deixou que a enfermidade o illase ou o separase do mundo. En 1965 casa con Jane Wilde coa que tivo tres fillos: Robert, Lucy e Timothy. Non acaban aquí os seus problemas. En 1985 sofre unha pneumonía que lle pon ao bordo da morte. Os médicos chegaron a suxerir que non valía a pena mantelo con vida conectado a unha máquina, pero a súa muller non se resigna e decide trasladalo a Cambridge onde un cirurxián practícalle unha traqueotomía que lle salva a vida, pero o deixa sen fala para sempre. A partir de entón, Stephen comunicarase a través dun sintetizador de voz que deseñou para el Walter Woltosz, un experto en informática de California. Co tempo foi perdendo case toda a musculatura voluntaria, ata para manter erguido o pescozo. Manexa a cadeira mediante un computador que controla con movementos de cabeza e ollos.

Tras 26 anos de matrimonio, Hawking divorciouse de Jane para casar coa súa enfermeira Elaine Mason. Este matrimonio estivo rodeado de toda clase de rumores. Ao principio díxose que o divorcio da súa primeira muller debeuse á infidelidade de Hawking. Máis adiante especulouse coa posibilidade de que Mason estivese maltratando física e psicolóxicamente ao científico, pero Hawking saíu en defensa da súa muller negándoo todo.

Poderíamos seguir falando de Hawking páxinas e páxinas sobre os seus escritos, a súa vida persoal ou os seus descubrimentos, pero ímonos quedar cunha imaxe: Stephen Hawking viando en gravidade cero desafiando as leis físicas e superándose a sí mesmo unha vez máis en contra do que auguraban os que o daban por morto desde fai máis de corenta anos.


De Blog Asociación

Para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/Stephen_Hawking

http://www.portalciencia.net/genioshawking2.html

http://www.lukor.com/ciencia/09042001.html

http://www.intramed.net/contenidover.asp?contenidoID=44431

http://www.taringa.net/posts/imagenes/794325/Stephen-Hawking.html

http://www.laflecha.net/perfiles/ciencia/stephen-hawking

Creado por Olga
 
 
comentarios Publicar un comentario