¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA

12/6/09
 
 
Os xuices déronse conta de que hai unha perversa igualdade no desastre e así o ditaminaron ao recoñecer que tres pasaxeiros xordos tiñan dereito a voar aínda que non fosen tutelados por unha persoa oínte. Tras moitos anos de meditación, ao fin púidose ver que un pasaxeiro xordo pódese caer tan ben dun avión como un pasaxeiro con capacidade auditiva.



Non foi sen tempo, xa que , os feitos remóntanse ao ano 2004 e a multa foi máis simbólica que exemplar: un euro a cada viaxeiro agravado, pero polo menos o recoñecemento moral que se perseguía está aí. ¡ Felicidades compañeiros !

Con todo a Lei 49/2007, de 26 de Decembro (LIONDAU), pola que se establece o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade publicada no BOE do 27 de Decembo de 2007 aparece no Capítulo Sancións:

1.- As infraccións serán sancionadas con multas que irán desde un mínimo de 301 euros ara un máximo de 1.000.000 de euros.

Por que o xuíz preferiu unha multa simbólica no canto dunha multa regulada? Ata que século haberá que esperar para que a Igualdade sexa un dereito?

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/06/01/00031243870563675266962.htm


Creado por Olga
 
 
comentarios Publicar un comentario