¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





NOVAS PRAZAS DE APARCADOIROS

3/6/09
 
 
A Concellería de Seguridade Cidadá comunicou esta mañá que se crearán 24 NOVAS PRAZAS DE APARCADOIRO reservado PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA polos distintos barrios da nosa cidade. As rúas nas que se crearán son as seguintes:

- 2 prazas na rúa Pedro Carvajal
- 1 praza na rúa Juan de Austria
- 1 praza na rúa Francisco Querol Lombardero
- 1 praza na rúa Alvaro Cunqueiro
- 2 prazas na rúa Muñoz e Torrero
- 2 prazas na rúa Cuntis
- 1 praza na rúa Sol
- 1 praza na rúa Sánchez Barcáiztegui
- 3 prazas na rúa María
- 2 prazas na rúa Terra
- 2 przas na rúa Concepción Arenal
- 1 praza na Praza do Callao
- 1 praza na rúa Méndez Nuñez
- 1 praza na praza de Fernández Martín
- 2 prazas na rúa da Igrexa

Dende aquí nós facemos unha reflexión e nos preguntamos ¿de qué valen as reservas de aparcadoiros para persoas con mobilidade reducida se cando se comunica as autoridades pertinentes que unha praza está ocupada por un coche sen tarxeta, non atenden dita denuncia e a grúa non aparece a retiralo coche? Onde aparcamos nós, se nin as autoridades fan nada porque se cumpran as normas? Volver a túa casa ata que otro día encontres un lugar accesible onde aparcar?

Se alguén ten algunha outra suxerencia ou necesidade, o pode comunicar a esta Asociación e logo nós a plantexaremos a Concellería de Seguridade Cidadá.
 
 
comentarios Publicar un comentario