¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





EN LA EJECUTIVA EUROPEA DE VIDA INDEPENDIENTE

23/7/09
 
 

O portavoz de Vigalicia, José Antonio Novoa, foi designado membro da executiva da Rede Europea de Vida Independente, e é o único representante español na que consideran a entidade máis importante para este movemento en Europa.

Esta organización traballa para conseguir contornas libres de barreiras, prestacións de apoio de asistencia persoal e axudas técnicas adecuadas, e outras cuestións que faciliten a «plena cidadanía» das persoas con diversidade funcional, ou o que é o mesmo, con discapacidades que lles dificultan valerse por si mesmas.

«É de esperar que esta nova situación sexa un acicate máis para que no Estado español, e especialmente en Galicia, se comece a ter en conta a filosofía de Vida Independente á hora de procurar servizos e ferramentas sociais» que lles axuden a alcanzar «a igualdade de oportunidades dás persoas con diversidade funcional», indica Vigalicia.

Juan José Maraña, tamén membro de Vigalicia, explica que o gasto anual medio dunha praza nunha residencia para unha persoa deste colectivo é duns 36.000 euros; mentres o gasto medio dun asistente persoal ascende a uns 14.000 euros ao ano, o que evidencia que tamén economicamente é unha opción vantaxosa. Novoa afirmou que non quere ingresar nunha institución, e valora o apoio unánime do Parlamento ás súas aspiracións «e só pedimos que se faga realidade», manifesta.
 
 
comentarios Publicar un comentario