
A Deputación da Coruña financiou a construción de beirarrúas na Estrada da Gándara en Narón. As devanditas beirarrúas non cumpren as mínimas normas de accesibilidade e hai unha ponte sobre a vía do tren que non só é moi estreita senón que nin sequera ten protección lateral nalgunha zona. Existe perigo real de que alguén se caia e se vai en cadeira de rodas o perigo multiplícase. Todo isto denunciouse ao Concello fai xa meses sen que ata o momento obtivéramos resposta. Abúrrenos o silencio administrativo.
comentarios Publicar un comentario
Publicar un comentario