¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





III Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional

3/9/09
 
 

Dende a Asociación informámosvos de que o próximo día 12 de Setembro do presente ano vaise a celebrar en Madrid a III Marcha pola Visibilidade das Persoas con Diversidade Funcional.

Animamos a todos a participar nesta Marcha, porque é necesario mostrar ao mundo da existencia das persoas con diversidade funcional, para que sexan concientes de que nós tamén somos cidadáns, cuns dereitos que non se respectan nas nosas cidades, e para lembrarlles que a Convención da ONU segue a ser ignorada día tras día.

Esta Rede de Marchas fará homenaxe este ano a Manuel Lobato, un dos principais impulsores do Movemento de Vida Independente en España e en Europa.

Para todos aqueles que non poden acudir a Madrid, existe a posibilidade de adherirse virtualmente a esta Marcha a través de internet. Para iso, só teneis que entrar na páxina que a continuación vos mostramos e cubrir o formulario:

http://www.forovidaindependiente.org/node/66

Animámosvos a todos a participar, xa sexa en Madrid ou apoiando á Marcha virtualmente. Dereitos Humanos Xa!!
 
 
comentarios Publicar un comentario