¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





UN ORDENADOR "INTERPRETA" POR PRIMERA VEZ EL LENGUAJE DE LOS SIGNOS

16/9/09
 
 


O sistema é capaz de traducir as expresións pronunciadas polos funcionarios da Administración Pública cando atenden a unha persoa xorda

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid crearon o primeiro ordenador que pode interpretar a linguaxe dos signos que utilizan as persoas xordas, o que podería axudar a este colectivo a realizar os seus trámites.

O sistema foi desenvolvido en colaboración coa Fundación Confederación Estatal de Persoas Xordas e tralas probas ás que se vai a someter durante varios días, estará dispoñible o vindeiro luns, informaron hoxe a Universidade e esta fundación.

O sistema é capaz de traducir as expresións pronunciadas polos funcionarios da Administración Pública cando atenden a unha persoa xorda que desexa por exemplo renovar o permiso de conducir ou o Documento Nacional de Identidade (DNI).

Con este desenvolvemento, segundo a Universidade, deuse un importante paso para eliminar as barreiras de comunicación que atopan as persoas xordas ao realizar este tipo de trámites administrativos.

O sistema realiza o proceso de tradución en tres fases: nunha primeira recoñécese a voz do funcionario obtendo a secuencia de palabras pronunciadas; na segunda tradúcese a secuencia de palabras a glosas (representación escrita dos signos) e na terceira represéntanse os signos mediante un axente animado.

Para evaluar o sistema utilizouse na Jefatura Provincial de Tráfico de Toledo con funcionarios e persoas xordas, e o resultado foi "moi prometedor", segundo a mesma fonte. O traballo foi financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Avanza, e pola Fundación ONCE, e culmina un traballo de investigación que desenvolve varios anos o o Grupo de Tecnoloxía do Fala da Universidade Politécnica de Madrid.


Esta noticia foi tomada da seguinte dirección:

http://www.lavanguardia.es/internet-y-tecnologia/noticias/20090914/53784965629/un-ordenador-interpreta-por-primera-vez-el-lenguaje-de-los-signos.html
 
 
comentarios Publicar un comentario