¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





IMOS AVANZANDO

29/9/09
 
 


Ola amigos: Aquí estamos outra vez e non para lamentarnos senón para felicitarnos polos pequenos logros que imos conseguindo e que nos dan ánimos para continuar. De cando en vez hai que ter días así. A principios do verán, coa chegada do Plan E, dirixímonos a todos os concellos da Comarca pedindo que as obras do devandito Plan cumprisen as normas de accesibilidade. A boa noticia sería que nos contestaron, pero lamentablemente os nosos edís están moi ocupados e non nos escribiron. Lonxe de desanimarnos, empezámonos a fixar en casos concretos. Algúns socios avisáronnos de que as ramplas que se estaban facendo na Rúa Exército Español non cumprían as normas mínimas de accesibilidade. O noso tesoureiro, Manuel, acudiu ao lugar e confirmou o feito. Concertouse unha cita co concelleiro de obras, acordáronse cambios e a día de hoxe podemos dicir que Exército Español quedou perfectamente adaptado. É un gran de area neste turbio mundo da accesibilidade, pero nos devolve a esperanza e reconcílianos co mundo.

 
 
comentarios Publicar un comentario