¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





MAIS DENUNCIAS SOBRE ACCESIBILIDADE

2/12/09
 
 
Seguimos a facer denuncias sobre accesibilidade na nosa comarca, así o lugar dá denuncia que presentamos ante o Concello de Ferrol situase na Avenida de Nicasio Pérez esquina Luís Seoane (fronte o supermercado Lidl), lugar onde non hai unha rampla accesible para baixar polo que as persoas en cadeira de rodas que van pola devandita avenida deben desprazarse pola calzada nun tramo que resulta extremadamente perigoso pois trátase dá entrada a Ferrol pola Ponte das Pías e aínda que é unha zona de velocidade controlada, a vía de dobre carril induce a adiantamentos e resulta perigosa para os peóns.

Esta denuncia presentouse ante o Concello de Ferrol e se enviou copia da denuncia ante o Foro de Vida Independente.

Aquí mostrámosvos as fotos encostadas as denuncias.


 
 
comentarios Publicar un comentario