
“O médico da Universidade de Salamanca, Juan Antonio Rodríguez, revela no libro Responsabilidades non asumidas: a poliomielitis en España (1954-1967), que se publicará en decembro, que detrás da mala praxe do Goberno houbo "loitas de poder internas".” A vacinación masiva non chegou a España ata 1964 e antes dese ano as vacinas que chegaron fixérono a través de Auxilio Social por doazóns de Estados Unidos ou pagando certas cantidades de diñeiro.
Lola Corrales, fundadora da Asociación de Enfermos de Polio e Postpolio presentou unha denuncia contra o Estado en 2005 por neglixencia, pero o caso foi arquivado por falta de identificación dos posibles culpables.
Invitámosvos a ler a noticia completa que deixamos no enlace, é interesante... tamén é triste.
Creado por Olga
comentarios Publicar un comentario
Publicar un comentario