¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





A INACCESIBILIDADE NO CAMPUS UNIVERSITARIO DE FERROL

24/10/09
 
 


A vulneración dos nosos dereitos é unha constante que estamos a soportar continuamente as persoas con diversidade funcional e maioritariamente as que temos movilidade reducida.

Recentemente celebrarónse unhas Xornadas da Asociación ASPANEMI, os días 15 e 16 de Octubro, no Salón de Actos do Vicerrectorado da Universidade da Coruña en Ferrol.

Unha das ponencias, AUTONOMIA PERSOAL, UN DEREITO, iba ser desenvolvida por unha persoa que usa unha cadeira de rodas para poder funcionar. Paradóxicamente o estrado do salón tiña unha altura de mais de 85 cms e ningún acceso para subir a él polo que o téma da autonomía persoal parecía escollido a propósito para enfrentar a burla que supón cunha universidade teña todo o seu entorno adaptado e non conte que tamén o salón pode ser utilizado por unha persoa con diversidade funcional.

Temos que lembrarlles a todos, e as administracións públicas sobre todo, que seguen a incumplir as leis vixentes, a non sancionar as infraccións, a non obrigar a levar adiante o dereito ó ACCESO, como ven recollido na "Ley 49/2007, de 26 de Decembro pola que estáblecese o réxime de infraccións e sancións na materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidades", "Lei de 14 de Decembro da promoción da Autonomia Persoal e atención as Persoas en situación de Dependencia".

A "Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade" ratificada en Nova York ó 13 de
decembro de 2006" dí expresamente o seguinte no seu Artigo 9: Accesibilidade
Co fin de cas persoas podan vivir de forma independente e participar en todolos aspectos da vida, os Estados partes adoptarán medidas pertinentes para asegurar ó acceso das persoas con discapacidade en igualdade de condicións cas demais... estas medidas incluirá a elimiación e identificación dos obstáculos e barreiras de acceso...

As imáxenes mostradas dan fe da discriminación que nos exclue da sociedade. ¡¡Non o deixemos pasar!! ¡¡DENUNCIEMOLO TODO!!.

 
 
comentarios Publicar un comentario