¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





NOVOS AUTOBUSES ADAPTADOS PARA FERROL

9/10/09
 
 

A empresa Tranvías do Ferrol acaba de comprar catro autobuses novos coas correspondentes ramplas e prazas reservadas para persoas con diversidade funcional. Falamos con Marcial, de Tranvías do Ferrol, que nos informa de que os vehículos chegarán na segunda quincena de Outubro e posiblemente, empecen a circular no mes de Novembro. Dous dos autobuses pasarán á Liña 1-2 Porto -Neda, un terceiro irá para a Liña 9 Caranza - Correos e o cuarto quedará de reposto para substituír aos que poidan fallar. Felicitámonos de tan grata noticia e animamos ás demais empresas de transporte (léase Monbús, Arriva, Autos Camilo…) a tomar medidas semellantes e ir adaptando a flota ás necesidades da poboación con diversidade funcional.

-----

Seguimos cos transportes, pero esta vez falamos de taxis: Á poboación de Ferrol correspóndelle polo menos un taxi adaptado máis. Alguén fixo unha solicitude fai algo máis dun ano. Aínda non obtivo resposta e ata corre o rumor de que vai ser denegado. En pleno século XXI seguimos sendo o inframundo do inframundo. Unha vergoña.

Creado por Olga.-

 
 
comentarios: 3 Publicar un comentario

Pouco a pouco as cosas van mellorando pero aínda queda moitísimo que facer e que mellorar. Agora esperemos que tamén se consigan melloras no sector do taxi, que fai moitísima falta. Temos que seguir pelexando¡¡

Por certo, gracias pola túa visita, espero que sigas a leernos e comentarnos, sen os vosos comentarios e ideas non somos nada.