¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





A MIRAGRE DA RAMPA

1/3/10
 
 


Unha persoa con Diversidade Funcional describe o periplo ao que se enfronta cada vez que viaxa no autobús urbán.


" Acostumo a utilizar a liña de tranvías 1-2 Porto -Neda e tamén a liña 7 A Faísca - Correos. A boa sorte é que os autobuses teñen rampa, a mala sorte é que a rampa ten o costume de non funcionar. Ista dualidade convirte calquera traslado intrascendente nunha especie de safari urbán, cheo de perigos e incertidumes. ! É a emoción de vivir en Ferrolterra: Unha aventura constante!

Chamo á empresa Tranvías del Ferrol e pregúntolles se non sería posible que as rampas foran revisadas cunha certa frecuencia e contéstanme que os usuarios montarían un escándalo se retirasen algún autobús para revisalo.
O certo é, que eu penso que non sería preciso retiralos un día enteiro, porque a revisión principal é ver se as rampas teñen lixo ou terra que van recollendo, sobretodo agora no inverno,e limparllo e comprobar que os tornillos que as suxeitan estean ben axustados para que tódalas pezas encaixen perfectamente. Si un empleado de mantemento fora achegándose ás paradas do principio ou fin do percorrido e comprobase se todo estaba correcto, non levaría máis de dez minutos e aforraría a mala imaxe que levaron os usuarios o outro día cando, na hora punta, o autobús mandou abrir a rampa e ésta negouse a sair.. Unha persoa en cadeira de rodas que estaba no autobús non puido baixar (non houbo problema ao subir. O conductor tentou de abrila por tódolos medios que se lle ocurriron, pero non obtivo resultado, namentres a xente poñía cara de "póquer" e agardaba a que chegase o seguinte autobús. Algúns fóronse andando, os demáis agardaron un pouco e foron trasladados ao seguinte vehículo da empresa e a persoa que estaba na cadeira de rodas, quedou agardando a que chegase o responsble de mantemento da empresa. Por algún estrano motivo,a rampa non foi arranxada inmediatamente e, esta persoa, ao fin, baixou do bus polo aire..grazas ao conductor, ao responsable de mantemento e a outro conductor que pasaba por alí naquel intre. Foi a última semán do mes de xaneiro e fun eu mesma quen saiu voando..."

Co optimismo que me caracteriza, atrevínme a pensar que un incidente coma aquel non se produría en mil ano, pero á seguinte semán volvín a viaxar no bus e, aínda que a miragre da rampa produciuse no primeiro intre, houbo que facer varios intentos hasta que, finalmente, o conductor tivo que baixar a remexela un pouco para que reaccionase.
Durante todo o percorrido, os meus miolos estaban en alerta máxima tentado adiviñar cal sería o compotamento da rampa en destino: ¿Abrirá, Señor?... As viaxes comezan a ser unha cuestión divina e o final feliz da excursión soamente depende da fe que se poña nelo. Alcanzámola parada e o mecanismo comezou a funcionar. Outra vez ocurrira a miragre e baixei sen nengún tipo de problema, sentíndome coma o pobo xudeu ante a apertura das augas do "Mar Rojo". Sen embargo, non puiden evitar a curiosidade de saber se a rampa voltaba ao seu cubil e aí comezou , de novo o trasfegar do conductor entrando, saíndo e remexendo na rampa para acabar por apretarlle os tornillos para que , ao fin, o mecanismo acabou encaixando..

¿Non sería máis sinxelo se cada dez ou quince días alguén acodira a axustar esas pezas e a limpar o lixo?


Olga Alvárez Villaverde
 
 
comentarios Publicar un comentario