¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





Pacto educativo ¿Cando? e ¿Para quen?

1/3/10
 
 
A EDUCACION INCLUSIVA ,
UN DEREITO FUNDAMENTAL


Coma xa estaredes enterados, un grupo de nais de pequenos/as con diversidade funcional, promotoras da iniciativa
"Inclusión en el Pacto Educativo de Estado", co Apoio do Foro de Vida Independente, presentaron o martes,16 de febreiro, no Congreso dos Deputados o "Libro Rojo de la Educación Española" no que se recollen múltiples testemuñas de pais e nais que contan os casos de discriminación que sofren os seus fillos/as con Diversidade Funcional nas escolas. Este é un libro aberto, no que séguense recollendo casos, aínda que non debería de terse editado nunca.
Nas reunións que mantiveron cos deputados da comisión para as políticas integrais da discapacidade e a educación de PSOE, PP, UPyD y CIU, estas nais foron capaces de facelos partícipes das medidas necesarias para a educación destes pequenos con necesidades educativas especiais en termos de dignidade e respeito aos seus dereitos humáns.
Todos amosaron o seu interese e comprometéronse a traballar e estudar propostas concretas para chegar a ter unha educación en Igualdade de Oportunidades para tódolos pequenos.

A "Plataforma" valorou moi positivamente tódolos encontros e consideran aberta unha vía de colaboura para contribuir a un Plan Nacional de Reactivación da Educación Inclusiva.



http://pactoeducativoparatodos.blogspot.com/2010/02/carta-al-presidente-del-gobierno.html
http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Fpactoeducativoparatodos.blogspot.com%2F2010%2F02%2Fplataforma-inclusion-en-el-pacto.html&h=93c83af88e7f980faa69a294cae54692


Por outra banda xa está á nosa dispor en
http://pactoeducativoparatodos.blogspot.com/ O "libro Rojo de la educación inclusiva",máila documentación que manexaron estas nais cos deputados, no que seguen a traballar para desarrollar propostas.



FORO DE VIDA INDEPENDIENTE : "NADA SOBRE NOSOTROS SIN NOSOTROS"

Esta plataforma de nais constituiuse na rede social Facebook e podedes atopala coma:

INCLUSION EN EL PACTO EDUCATIVO DE ESTADO
 
 
comentarios Publicar un comentario