Desde DIVERFFEC queremos obter un compromiso dos responsables de PLAN URBAN para que os comerciantes teñan as axudas necesarias, así como a obrigación, non só moral, de que os locais comerciais sexan accesibles tanto para usuarios como para posibles traballadores tal como recolle a Lei de Accesibilidade de Galicia que segue sen cumprirse logo de 12 anos da súa entrada en vigor.
Chamounos a atención a ausencia na reunión de Asociacións que desde o noso punto de vista si deberían estar implicadas connosco para facer causa común fronte a tantos incumprimentos de Lei. Estámonos referindo aos nosos compañeiros de ACAMFE, CAMF, ASPANEMI e Asociación Socio-Cultural de Minusválidos. Desde aquí queremos facer unha invitación a todos eles para expornos metas comúns encamiñadas a conseguir unha contorna máis digna para nós e para as xeracións vindeiras.
Creado por Olga.
comentarios Publicar un comentario
Publicar un comentario