¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





NOVOS AUTOBUSES ADAPTADOS PARA FERROL

9/10/09
 
comentarios: 3
 

A empresa Tranvías do Ferrol acaba de comprar catro autobuses novos coas correspondentes ramplas e prazas reservadas para persoas con diversidade funcional. Falamos con Marcial, de Tranvías do Ferrol, que nos informa de que os vehículos chegarán na segunda quincena de Outubro e posiblemente, empecen a circular no mes de Novembro. Dous dos autobuses pasarán á Liña 1-2 Porto -Neda, un terceiro irá para a Liña 9 Caranza - Correos e o cuarto quedará de reposto para substituír aos que poidan fallar. Felicitámonos de tan grata noticia e animamos ás demais empresas de transporte (léase Monbús, Arriva, Autos Camilo…) a tomar medidas semellantes e ir adaptando a flota ás necesidades da poboación con diversidade funcional.

-----

Seguimos cos transportes, pero esta vez falamos de taxis: Á poboación de Ferrol correspóndelle polo menos un taxi adaptado máis. Alguén fixo unha solicitude fai algo máis dun ano. Aínda non obtivo resposta e ata corre o rumor de que vai ser denegado. En pleno século XXI seguimos sendo o inframundo do inframundo. Unha vergoña.

Creado por Olga.-

 

FEIRA DE MOSTRAS INTERNACIONAL

10/7/09
 
comentarios
 


Unha de información xeral para os usuarios que son miles...

Como sabedes, a Feira de Mostras do Noroeste púxose a funciona unha vez máis e quixemos saber os buses adaptados que se poden usar para chegar ata alí.

Cóntovos:

Desde Neda circula o 1-2 pasando por Narón, atravesando Ferrol, o porto e chegando finalmente á Feira.

Desde Ferrol sae o nº 4 que parte de Canido e Ten paradas en Rúa Pontevedra, Euskadi, Av. Esteiro, Correos e segue camiño da Feira.

Na liña 1-2 hai cinco buses circulando dos cales tres teñen rampla. No catro circulan os autobuses que van normalmente nesta liña.

Tamén os comunicamos que estamos a reclamar constantemente a Tranvías Ferrol que o último bús que hai no día, sexa de piso baixo, e decír, que este adaptado para persoas con diversidade funcional física.

Desesámosvos unha agradable visita.

Creado por Olga