¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





Trofeo Cidade de Ferrol . Halterofilia Adaptada

1/3/10
 
comentarios
 
Como supoño que algúns xa sabedes, o pasado sábado 20 de Febreiro, celebrouse o II Trofeo "Cidade de Ferrol" de Halterofilia Adaptada, puntuable para o Campionato Nacional. A noite anterior, a do venres día 19 celebrouse, como xa fai anos (18 facía este ano), a Gala Do Deporte Ferrolán, que concedeulle unha mención ao noso deportista Luis Pita, polos seus esforzos e logros neste minoritario deporte, demostrando a súa valía.
O noso campión, demostrou, novamente o que é, un campión e para amosádevolo vou colgar unhas cantas fotos do dito evento, no que ides poder apreciar a calidade dos participantes.

É de agradecer a desinteresada colaboración de dous deportistas de élite, neste deporte, que se prestaron a facer unha pequena exhibición da súa valía, así coma a botar unha man en canto á organización.





 

¡ORO Y PLATA!

29/5/09
 
comentarios: 1
 
De Clube Powerfenix


Parabéns os nosos deportistas José Luis Permuy e Luis Miguel Pita por conquerir o pasado 23 de Maio no Campionato de España en Madrid, de Powerlifting ( Halterofilia Adaptada) os seguintes Premios:

José Luis Permuy con 60 Kg e levantamentos de 130 e 135 Kg: ORO
Luis Miguel Pita con 75 Kg e levantamento de 161,5 Kg: ORO

Clasificación Xeral:

José Luis Permuy: ORO
Luis Miguel Pita: PLATA

Convidámosvos a participar neste deporte que premia o esforzo persoal e favorece físicamente, no Clube Powerfenix, sito nos locais da Asociación " Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas" na rúa Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 , 15403 Ferrol

Podemos ver mais se pinchas aqui

Creado por Mari Morado, Presidenta Clube Powefenix