¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





¡¡SÉGUEN A IGNORARNOS!!

22/5/09
 
comentarios
 
As sempiternas barreiras arquitectónicas en contra da autonomía das persoas con diversidade funcional.

Nesta ocasión, as beirarúas das rúas Españoleto e Colón non teñen rampas para acceder cunha cadeira de rodas...

De Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol


De Asoc. Grupo Diversidade Funciona Ferrol

Por outro lado, o Banco Pastor non só non ten acceso o seu interior para as persoas con movilidade reducida, senón que fixo unha RAMPA ¡¡ CON ESCALÓN FRONTAL E LATERAL!! que impide tamén acceder ó caixeiro

De Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol

As sancións poden ser de un mínimo de 301 euros ata 1.000.000 de euros segundo a LIONDAU( Ley 49/2007, de 26 de decembro)


De Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol

A "Lei de Igualdade de Oportunidades e non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade", a " Lei de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas da Comunidade Galega", e a "Convención da ONU" son ¡¡INFRINXIDAS DE CONTINUO POLOS NOSOS ADMINISTRADORES!!




Creado por Mari
 

O CONTO DE NUNCA ACABAR

19/5/09
 
comentarios: 1
 
Unha das nosas asociadas denuncia que hai obras recentemente feitas que non cumpren a normativa de accesibilidade. Así nunca se conseguirá unha cidade adaptada. Esta vez a denuncia vénnos do Concello de Narón. Transcribimos en castelán tal como nos pasaron a carta orixinal:

“Con motivo de la obra de construcción de aceras en un tramo de la Estrada da Gándara presenté la correspondiente reclamación por varios motivos: 1) Las rampas no están bien hechas y no llegan a ras de suelo por lo que resultan inservibles para sillas de ruedas. 2) Hay un puente que pasa por encima de la vía del tren donde la acera es muy estrecha y no hay ninguna barandilla protectora con el consiguiente peligro para todo tipo de usuarios tanto de silla de ruedas como personas que van a pie. Espero que esto se subsane porque no vale de nada hacer una obra nueva si no se vigila que se cumpla la legalidad vigente respecto a accesibilidad.

Aprovecho esta ocasión para pedir que se cumpla la ley en normas de accesibilidad y que no se admitan rampas que no lleguen a ras de suelo porque esto las hace inviables para los usuarios y el gasto generado es inútil. Le pongo un ejemplo concreto (podría encontrar miles): Rúa Pista Isolina, delante de la pizzería La Mamma en la Gándara, hay dos rampas recién construidas que tienen una ligera inclinación, pero acaban en un bordillo bastante considerable. Me pregunto si no hay nadie que vigile las obras urbanas y les dé el visto bueno y si no es así, ofrezco mi colaboración voluntaria con el Ayuntamiento, pero por favor, no sigan dejando construir rampas mal hechas o nunca habrá presupuesto para reparar las que ya están mal".

Como ilustración do que se conta mostramos a foto dunha das ramplas de Rúa Pista Isolina, de lonxe e de cerca. De lonxe pode parecer unha rampla ben feita, pintada en rosa e ben acabada, pero se nos achegamos vemos que o que parecía rampla é un chanzo. Sempre nos preguntamos por que os que constrúen ramplas son capaces de entender que os coches sofren ao saltar escaleiras e por iso as ramplas dos garaxes adoitan chegar a niveis de chan. Con todo non parece que se siga o mesmo razoamento para as cadeiras de rodas. Non sofre a cadeira? Non sofre o usuario? Ou simplemente gústanos tirar o diñeiro e facer as cousas mal?

Creado por Olga
 
4/5/09
 
comentarios: 1
 

¿E isto que é? Dende logo unha rampa non, e se alguén di que e unha rampa, non sabe o que di, pode que esto sexa unha beirarua retocada para que algún coche non se estropee o subir a la beirarúa na que non poden aparcar...pero una rampa para persoas con diversidade funcional non é. Eso é una chapuza, ¿onde estaría paso de peóns, para cruzar con seguridade? ¿onde estaría a rampa ben feita co seu pavimento especial,a sua inclinación corrrecta ? Esta claro que por parte das autoridades pertinentes hay un interése nulo polo téma.
 
23/4/09
 
comentarios: 1
 

¿E o paso de peóns? ¿onde o puxeron? ¿tamén temos que cruzála rúa sen paso de peóns? Outra pifia mais o lote.
 

Accesibilidade

22/4/09
 
comentarios: 2