¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





A MIRAGRE DA RAMPA

1/3/10
 
comentarios
 


Unha persoa con Diversidade Funcional describe o periplo ao que se enfronta cada vez que viaxa no autobús urbán.


" Acostumo a utilizar a liña de tranvías 1-2 Porto -Neda e tamén a liña 7 A Faísca - Correos. A boa sorte é que os autobuses teñen rampa, a mala sorte é que a rampa ten o costume de non funcionar. Ista dualidade convirte calquera traslado intrascendente nunha especie de safari urbán, cheo de perigos e incertidumes. ! É a emoción de vivir en Ferrolterra: Unha aventura constante!

Chamo á empresa Tranvías del Ferrol e pregúntolles se non sería posible que as rampas foran revisadas cunha certa frecuencia e contéstanme que os usuarios montarían un escándalo se retirasen algún autobús para revisalo.
O certo é, que eu penso que non sería preciso retiralos un día enteiro, porque a revisión principal é ver se as rampas teñen lixo ou terra que van recollendo, sobretodo agora no inverno,e limparllo e comprobar que os tornillos que as suxeitan estean ben axustados para que tódalas pezas encaixen perfectamente. Si un empleado de mantemento fora achegándose ás paradas do principio ou fin do percorrido e comprobase se todo estaba correcto, non levaría máis de dez minutos e aforraría a mala imaxe que levaron os usuarios o outro día cando, na hora punta, o autobús mandou abrir a rampa e ésta negouse a sair.. Unha persoa en cadeira de rodas que estaba no autobús non puido baixar (non houbo problema ao subir. O conductor tentou de abrila por tódolos medios que se lle ocurriron, pero non obtivo resultado, namentres a xente poñía cara de "póquer" e agardaba a que chegase o seguinte autobús. Algúns fóronse andando, os demáis agardaron un pouco e foron trasladados ao seguinte vehículo da empresa e a persoa que estaba na cadeira de rodas, quedou agardando a que chegase o responsble de mantemento da empresa. Por algún estrano motivo,a rampa non foi arranxada inmediatamente e, esta persoa, ao fin, baixou do bus polo aire..grazas ao conductor, ao responsable de mantemento e a outro conductor que pasaba por alí naquel intre. Foi a última semán do mes de xaneiro e fun eu mesma quen saiu voando..."

Co optimismo que me caracteriza, atrevínme a pensar que un incidente coma aquel non se produría en mil ano, pero á seguinte semán volvín a viaxar no bus e, aínda que a miragre da rampa produciuse no primeiro intre, houbo que facer varios intentos hasta que, finalmente, o conductor tivo que baixar a remexela un pouco para que reaccionase.
Durante todo o percorrido, os meus miolos estaban en alerta máxima tentado adiviñar cal sería o compotamento da rampa en destino: ¿Abrirá, Señor?... As viaxes comezan a ser unha cuestión divina e o final feliz da excursión soamente depende da fe que se poña nelo. Alcanzámola parada e o mecanismo comezou a funcionar. Outra vez ocurrira a miragre e baixei sen nengún tipo de problema, sentíndome coma o pobo xudeu ante a apertura das augas do "Mar Rojo". Sen embargo, non puiden evitar a curiosidade de saber se a rampa voltaba ao seu cubil e aí comezou , de novo o trasfegar do conductor entrando, saíndo e remexendo na rampa para acabar por apretarlle os tornillos para que , ao fin, o mecanismo acabou encaixando..

¿Non sería máis sinxelo se cada dez ou quince días alguén acodira a axustar esas pezas e a limpar o lixo?


Olga Alvárez Villaverde
 

TRANSPORTE PARA TODOS

15/6/09
 
comentarios
 
Parada de bus, linea 3, Rua Alcalde Quintanilla








O transporte para todos contempla os AUTOBUSES DE PISO BAIXO, os cales supoñen un avance importantisimo para a AUTONOMIA das PERSOAS con MOVILIDADE REDUCIDA. O feito de poder desplazarse no transporte urbán ou interurbán (ainda sin ningunha línea adaptada) supón conseguir a participación na comunidade como calquera outro cidadán. Os autobuses deben baixar o piso diante de calquera persoa con cadeira de rodas, bastóns ou movilidade reducida coma as persoas maiores.



O transporte adaptado propicia a VISIBILIDADE das persoas con diversidade na sociedade e NORMALIZA a realización dos actos cotidiáns de todos e todas.
Reivindicamos desde eiquí o cumplimento das leis e da Convención da ONU, adaptando todalas paradas de autobuses da comarca para poder acceder os autobuses sen perigo das nosas vidas. tamén reivindicamos a adaptación das líneas interurbanas e a súas paradas.

Mostramos unha imaxen de como se pode adaptar unha PARADA DE AUTOBUS facilitando o acceso e salvando calquer desnivel das beirarrúas ou desde as plataformas dos buses ou autocares. Xa funciona en cidades como Barcelona, e outras do estado español.


(www.gitma.es/accesibilidad)

Creado por Mari