¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





CURSO DE INFORMATICA

19/3/13
 
 
Estamos a programar o novo curso de Actividades, a partir do vindeiro mes de Abril, dentro do Proxecto de Aula Aberta que subvenciona a Deputación Provincial. A continuación, amosámosvos unha relación inicial de os cursos que cremos que os han ser de utilidade.

1-. Curso de Informática e Internet: 2 días á semana
2-. Obradoiro de Habilidades sociais e Autonomía Persoal
3-. Manualidades e Coiro
4-. Obradoiro de Nutrición

Queremos elaborar unha lista de posibles asistentes para coñecer a viabilidade dos mesmos e poder elaborar grupos . Podedes chamar por teléfono á Asociación para apuntarvos ós cursos, dicirnos o que vos parecen, os horarios que vos sexan máis convintes, ou suxerir novos temas para incluír no calendario.

O noso enderezo é:

R/Colón, esquina Mendizábal, Bloque 4, Portal 5, baixos 38-39 en Esteiro, (fronte á Escola Politécnica - Facultade de Inxenieros -, ó carón da Casa do Patín).

 
 
comentarios Publicar un comentario