Bases para unha renovada educación inclusiva
DOCUMENTO DO CERMI
Dende fai uns meses vense de falar e traballar por acadar un Pacto Social e Político pola Educación, que oriente o noso sistema educativo hacia a calidade, a equidade e a utilidade social. A Discapacidade organizada quixo dende o primeiro momento participar nese debate, longo tempo postergado, formulando propostas para que a reactivación da Educación Inclusiva e a xestión da diversidade foran elementos de primeira importancia dese tan esperado acordo. O Pacto que se está a fraguar e cuxa necesidade é ineludible, polo que non é entendible un fracaso, debe incorporar unhas bases firmes e nítidas, en pro da educación inclusiva, que poderíamos comprimilas deste xeito:
Establecer coma marco orientador e de referencia necesaria da lexislación, as políticas e as decisións e prácticas educativas dos Poderes Públicos a Convención Internacional sobre Os Dereitos das Persoas con Discapacidade, adoptada por Nacións Unidas en Decembro do 2008 e vixente e plenamente aplicable en España dende Maio de 2008. En especial o seu artigo 24, consagrado á Educación Inclusiva das Persoas con Discapacidade. A lexislación estatal e autonómica debe revisarse con celeridade para que exista unha completa acomodación entre a visión da educación Inclusiva da Convención e o noso sistema educativo.
Garantir o principio de acceso normalizado do alumnado con discapacidade aos recursos educativos ordinarios, sen discriminación ou segregación de nengún tipo por esta circunstancia, proporcionando os apoios necesarios para que a educación inclusiva nun entorno educativo aberto sexa sempre realidade. Do mesmo xeito, é preciso asegurar a libre elección do proceso educativo por parte do alumno con discapacidade ou os seus representantes legais, respetando as suas preferencias para, o cal levaranse a cabo os axustes razoables que sexan precisos.
Dirixir as estructuras de educación non normalizada aínda existentes no noso país hacia a súa plena converxencia co modelo de educación inclusiva, convertíndose en recursos e apoios para o éxito da ensinanza en entornos ordinarios.
Incorporar os principios de non discriminación, accesibilidade universal e deseño para todos nos procesos de ensinanza-aprendizaxe e nos de avaliación, na aplicación dos materiais didácticos e nas novas tecnoloxías, así coma nos contidos de formación do profesorado.
Asegurar que os proxectos educativos dos centros incorporen plans de atención á diversidade que teñan reflexo entre os indicadores de calidade dos mesmos, así coma na aplicación do principio de equidade.
Adecuar as novas tecnoloxías aos principios de accesibilidade universal e deseño para todos co obxeto de que os estudantes con discapacidade atopen nelas unha oportunidade e non unha barreira, no acceso á información, á comunicación e ao coñecemento.
Incorporar o deseño para todos e a accesibilidade universal na proposta curricular de formación e na adquisición de competencias prevista nas distintas titulacións universitarias
Asegurar que o Plan de Bolsas e axudas ao estudo estea ao alcance de tódolos estudantes con discapacidade, independentemente do grao e tipo da mesma.
Promover a coordinación do profesorado que imparte os diferentes niveis e a adecuada orientación psicopedagóxica co obxecto de posibilitar o tránsito do alumnado con discapacidade entre as distintas etapas educativas, para a súa posterior capacitación profesional e inserción no mundo laboral.
Desenvolver e facer efectivos por parte das Administracións competentes os mandatos en materia educativa recollidos na Lei 27/2007 de 23 de Outubro, pola que se recoñecen as línguas de signos españolas e regúlanse os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.
Fomentar a coordinación co movemento asociativo da discapacidade e das súas familias para a mellora dos procesos de inclusión e atención ao alumnado con discapacidade e das suas familias.
CERMI

comentarios Publicar un comentario
Publicar un comentario