¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE (NON PERIODICAS)

12/4/10
 
 
A consellería de Traballo e Benestar Social abriu o prazo para solicitar as axudas para a Promoción da Autonomía Persoal e a Accesibilidade (Axudas non periódicas)

O mércores 7 de abril saiu publicado no DOGA a orde que establece as bases reguladoras para a solicitude das axudas individuais non periódicas para as persoas maiores e persoas con discapacidade.

A finalidade das axudas é a de colaboura en determinados gastos. O prazo remata o 7 de maio.


- Apoiar á persoa co axudas técnicas ou produtos de apoio:
  • Máximo subvencionable: 2.500 €
- Facilitar as adaptacións do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda:

  • Máximo subvencionable: 3.000 €

- Adquisición de prótesis dentales e audífonos

  • 500 € para protesis dentales e 800 € para audífonos
Financiaranse só aquelas actuacións que foran realizadas no ano 2010

No caso de teren algunha dúbida, atenderémolo gustoso nas nosas oficinas, prestándolles a nosa axuda para toda a información que precisen.
 
 
comentarios Publicar un comentario