¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





PRIMEIRO BEBÉ SELECCIONADO PARA NON TER DISTROFIA MUSCULAR

12/4/10
 
 
A DIAGNOSE XENÉTICA PREIMPLANTATORIA EXTÉNDESE EN ESPAÑA

Esta nova publicouse nun xornal de Barcelona o día 26 de Febreiro deste mesmo ano:

A implantación de embrións sans corta a transmisión de enfermidades graves ás próximas xerazóns

O primeiro bebé seleccionado xenéticamente en españa para non ter unha rara enfermidade hereditaria chamada distrofia muscular facio-escápulo-humeral (DFSHC) naceu no hospital Quirón de Barcelona. O nacemento de Carla , que pesou 2.480 gramos e mediu 46,5 centímetros, produciuse o pasado 9 de marzo. Na súa familia rexistráranse casos da enfermidade polo que os seus pais sometéronse a un tratamento de reproducción asistida no que analizáronse xenéticamente os embrións. Isto permitiu distinguir aqueles que podían sufrir ou transmitir a enfermidade e implantar únicamente no útero da nai embrións sans. Esta técnica de selección embrionaria introduciuse na década pasada e nos últimos anos extendeuse o seu uso para prever enfermidades hereditarias graves. Carla é o primeiro caso no que a técnica empléase para evitar a DFSHC. Ao non seren portadora da alteración xenética que causa a enfermidade, non transmitirá a doenza aos seus fillos, si é que algún día os tivera. Asemade, a diagnose preimplantatoria axuda a erradicar enfermidades graves xa que corta a súa transmisión dunha xerazón á seguinte...

Para máis información:
http://www.lavanguardia.es/free/edicionimpresa/20100326/53898020081.html
http://www.lavanguardia.es/premium/edicionimpresa/20100326/53898020081.html


 
 
comentarios Publicar un comentario