¡Denuncia!...¡Tes dereito a xustiza gratuita!





DIVERSIDADE SEN FRONTEIRAS

12/4/10
 
 

Traducimos este artigo aparecido na Revista Paris - Match no mes de Marzo:

O drama de Dede, o home-árbore

O seu caso médico apaixonou ao mundo enteiro logo da difusión da reportaxe de Discovery Channel titulado " O Home-árbore ". A pesar de numerosas operacións, o indonesio Dede segue sufrindo sempre de verrugas xigantes.

É un home que quere vivir como todo o mundo, que leva pequenas lentes redondas e vive coa súa familia nun pobo de Indonesia. A consecuencia dun corte sen importancia na perna, este sinxelo pescador converteuse moi ao seu pesar nunha besta de feira cuxas visitas ao hospital apaixonan á prensa local. Alcanzado por unha forma rara dun papilomavirus humano (HPV), sofre de verrugas xigantes que parecen brotar sobre o seu corpo e a súa cara, coma se o home mudase co transcurso dos meses e anos nunha bela árbore completamente viva. Co desenvolvemento da enfermidade, foi despedido do seu traballo e a súa muller abandonouno, deixándoo cos seus dous nenos.
Para sobrevivir tivo que exporse nun espectáculo de feira como "monstro" aínda que a súa aparencia non tiña nada de simulación.

Unha nova operación o xoves

O seu paso pola televisión americana nunha reportaxe de Discovery Channel titulado "O Home-árbore" foi criticado polas autoridades indonesias, reprochando aos xornalistas o querer explotar a súa imaxe física para un documental sensacionalista, sen contrapartida financeira. Con todo, isto permitiulle ao "Home-árbore" ser examinado polo especialista en dermatoloxía da universidade de Maryland, Anthony Gaspari, que fixou un protocolo de coidados precisos, afirmando a súa impotencia ante este caso sen precedente. Ademais dunha forma particularmente virulenta do papilomavirus humano - virus que provoca as verrugas baixo diferentes formas-, Dede é vítima dunha anomalía xenética que non permite ao seu corpo loitar contra a infección.

O domingo, Dede, escoltado pola súa familia e os seus pais, volveu ao hospital de Bandong, ao oeste de Xava. Sufrirá unha nova operación cirúrxica o vindeiro xoves para quitarlle verrugas que crecen sobre os brazos e sobre as pernas. Dede xa pasou polo quirófano en oito ocasións, cun índice de curación do 90 % para as diferentes zonas tratadas, o que demostra un verdadeiro progreso ata se non pode esconder as numerosas verrugas que percorren o seu corpo, particularmente as dos membros superiores e inferiores. Hoxe, á idade de 37 anos, non é xa unha fonte de pullas, senón máis ben o símbolo dunha coraxe inaudita ante a inxustiza da enfermidade.

http://www.parismatch.com/Actu-Match/Monde/Actu/Le-drame-de-Dede-l-homme-arbre-171226/


Olga Álvarez Villaverde

 
 
comentarios Publicar un comentario